Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello suspendeu as actividades ao aire libre previstas para estas datas en Ribadeo

RIBADEO .- (FNC) O mal tempo ocasiona a suspensión das actividades ao aire libre que se ían celebrar estes días en Ribadeo e que estaban destiñadas a nenos e maiores. Segundo a edil de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, “en previsión do mal tempo que temos e teremos estes días decidimos aprazar para outra data a celebración destas actividades ao aire libre que tiñamos previstas coma o patinaxe e os xogos de sempre e de agora… manteremos eso sí todas as actividades que se van celebrar no telecentro de Ribadeo e tamén na biblioteca municipal”.
A concelleira nacionalista asegura que “estamos a barallar a data do 18 de abril que é o sábado seguinte ao das vacacións de semana santa, para facer todas estas actividades que hoxe nos vemos obrigados a suspender, pero xa o comunicaremos con tempo suficiente para que os rapaces e as súas familias poidan participar, tal e como tiñamos previsto”.

Exit mobile version