BURELA .- (FNC) A delegación de Mar ven de presentar a segunda edición do libro Os sabores do noso mar que neste caso está adicado ao bonito de Burela. A edil, Remedios López Villar, sinala que “este libro pretende ensalzar a festa propiamente dita que se celebra no primeiro fin de semana de agosto. No libro aparecen fotos e recetas dos pratos preparados polos restaurantes da vila, como rollo de bonito, pastel de bonito…”.
López Villar engade que “estes libros foron repartidos entre a hostelería que colabora de xeito habitual nas xornadas gastronómicas do Concello. Cada un conta con 20 exemplares que repartirán de xeito gratuito entre a súa clientela unha vez que esta consuma un producto mercado no noso peirao. Tamén se repartirán outros 100 exemplares para os socios de Ledicia pola súa especial colaboración no desenvolvemento da feira do bonito de Burela. O resto dos 1.000 exemplares editados repartiránse de forma gratuita na festa do bonito de agosto”.
A concelleira de Mar engade que “con esta iniciativa invitamos á xente a vir a Burela a comer peixe ou marisco nesta Semana Santa”. O departamento que dirixe Remedios López xa está a traballar na terceira edición desta colección de libros de receitas que estará adicada ao ourizo.