Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo contratará temporalmente a un axente de emprego e desenvolvemento local

RIBADEO .- (FNC) O Concello de Ribadeo contrata temporalmente a un axente de emprego e desenvolvemento local para cubrir a baixa por maternidade e as vacacións da titular do posto ata o 29 de agosto. Será a xornada completa. Valoraránse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta; tamén se terán en conta os cursos directamente relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo de axente de emprego e desenvolvemento local, en materias de emprego e desenvolvemento local, impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologados.
Os interesados poden presentar a documentación esixida ata as 14 horas do vindeiro 17 de abril no rexistro xeral de entrada do Concello. A proba de selección será o 21 de abril ás 17:00 horas na Casa do Concello.

Exit mobile version