Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela quere premiar os cidadáns que teñan coidados os seus solares e fincas

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela está a estudiar a posibilidade de premiar ós cidadáns que mellor coidados teñan os seus solares e as súas fincas. O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “o que queremos é contribuir a mellorar estéticamente a nosa vila. Pretendemos incentivar e motivar á xente a que cuide os seus terreos para que non estean abandonados e ás veces convertidos en auténticas selvas”.

O rexedor engade que “nas vindeiras semanas decidiremos de qué xeito premiaremos ás persoas que mellor adecentadas teñan as súas fincas e solares. Poderá ser a través dun recoñecemento social ou do propio Concello, pero de momento ainda non o temos decidido”. Alfredo Llano recoñece que “hai veciños que teñen as súas fincas impecables, pero hai outros que as teñen totalmente esquecidas, co que eso supón para o medio ambiente e para a estética de Burela”.

Exit mobile version