BARREIROS (FNC).- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, ven de confirmar que hoxe se iniciaron os traballos de limpeza das praias “de retirar plásticos, madeira e todo o que poida terse acumulado ó longo destes meses para telas listas de cara ó fin de semana, xa que está vindo moi bó tempo e agardamos unha grande afluencia de turistas nesta semana santa”.
O rexedor engade que “hai persoal de limpeza e tamén contaremos a vindeira semana con algún voluntario de protección civil para encargarse da vixianza dos nosos areais, xa que pode haber algunha xente que queira disfrutar xa do mar estes días… haberá que estar ó tanto para que non haxa ningún problema”.
Fuente Parga sinala que “os danos que sufriron os nosos areais polos temporais do inverno en gran medida están todos solucionados, aínda está a traballar a empresa Tragsa por orde de Costas. Están reparando algúns danos, pero en gran medida están todos xa solucionados”.
O Concello de Barreiros limpa as praias para que estean listas na semana santa
O Concello de Barreiros limpa as praias para que estean listas na semana santa
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña