Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reclama unha maior inversión para mellorar a rede viaria local de Barreiros

NOTA DE PRENSA

O BNG RECLAMA UNHA FORTE INVERSIÓN PARA MELLORAR A REDE VIAIRA LOCAL DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS CRITICAN QUE NOS ORZAMENTOS DE 2009 SÓ SE DESTINEN A ESE FIN 28.800 EUROS.
Barreiros, 30 de abril de 2009.  O BNG reclama unha forte inversión para mellorar a rede viaria local de Barreiros. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, considera que “unha vez máis a rede viaria local de Barreiros é a gran esquecida nos orzamentos. No anexo de inversións de 418.000 euros destínase unha raquítica partida de 28.800 euros para obras de mellora e ampliación de camiños municipais, sería con fondos propios. Cremos que é unha partida moi pequena dentro dunha apartado de inversión tamén moi pequeno que é so o 14% dos orzamentos e estes 28.000 euros desde logo que para moi pouco van chegar”.
O grupo municipal do BNG lembra que “se trata dun concello que ten unha superficie de 72 kilómetros cadrados, que ten unha extensísima rede viaria que é utilizada por todos os veciños e polo traballadores do agro e que son as principais vías de comunicación entre todas as parroquias do concello, máxime despois de ter que soportar un inverno durísimo que fixo que a maioría delas estean nun estado intransitable. Polo tanto voltamos a repetir e a reclamar o que dixemos en anos anteriores, que se faga un verdadeiro plan de investimentos para a rede viaria local tanto de arranxo como de mantemento”.  Antonio Veiga engade que “todo o mundo sabe que a brigada municipal de obras non da feito, incluso cos escasos medios que ten. Nós xa reclamamos tamén un pequeno parque de maquinaria para manter esa rede en bó estado con limpeza de cunetas e desbroce das súas marxes, algo que evitaría tamén que pouco a pouco se vaia deteriorando. Cremos que con 28.800 euros moi pouco vai poder facer a brigada de obras para manter en bó estado esas carreteras co conseguinte perxuizo para os veciños”.
Os nacionalistas sinalan que “estes anos do BNG á fronte da Consellería de Medio Rural foron tremendamente positivos para a rede viaria local de Barreiros pois destinou, por exemplo, no último exercizo preto de 200.000 euros a través do plan de infraestructuras rurais e municipais. Agardamos que se esixa o mesmo desde o PP de Barreiros á nova Consellería de Medio Rural para que cumpra como cumpriu a anterior Consellería”.
Antonio Veiga suliña que “o Concello de Barreiros ten que facer un esforzo moi grande para aumentar esa partida para a conservación e mantemento da rede viaria local que é a grande esquecida nos orzamentos de 2009”.

Exit mobile version