Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo quere coñecer as xestións coa construtora que debe 1.300.000 euros ao concello

NOTA DE PRENSA
O BNG INTERESASE POLAS XESTIONS DO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE O PROCESO CONCURSAL DE ASTUNOSA SERVIZOS INMOBILIARIOS

Lembra que a promotora sigue debendo ao concello preto de 1.300.000 euros froito do convenio asinado co goberno municipal en novembro de 2006

Cervo, 24 de abril de 2009. O BNG interesarase polas xestións realizadas polo goberno municipal do PP en relación ao proceso concursal no que esta inmersa a promotora Astunosa Servizos Inmobiliarios, no que o concello de Cervo figura como acredor ao non ter percibido 1.300.000 euros pendentes do Convenio De Infraestruturas e Servizos que o goberno municipal asinou coa promotora en novembro de 2006. Descoñécese si finalmente o goberno municipal optou por adherirse a algunha das propostas ofertadas pola promotora incluidas nun convenio anticipado de quita e espera.

O GOBERNO MUNICIPAL IMPULSOU A MONETARIZACIÓN DE COMPENSACIÓNS POLA CONSTRUCCIÓN DE 532 VIVENDAS QUE AGORA NON PODE COBRAR

O goberno municipal do PP preferiu buscar a compensación económica mediante a sinatura do Convenio de Infraestruturas e Servinos previo á concesión de licenzas para a construción de 532 vivendas no canto de esixir zonas dotacionais, verdes e outros equipamentos de uso público, e agora coa promotora en quebra, e incapaz cobrar a débeda pendente ao non existir ferramentas legais para a súa execución. Non é de recibo que o anterior alcalde, o actual e o Sr. Balseiro que tanto defenderon as bonanzas dese acordo, agora non dean explicación algunha aos veciños sobre o seu impago desa débeda.

O ESCURANTISMO DOS DIRIXENTES DO PP NESTE ASUNTO SEMENTA DÚBIDAS SOBRE A SÚA HONESTIDADE

Para o BNG, o escurantismo dos dirixentes populares en todo este asunto sementa dúbidas razoables sobre a súa honestidade. Empezando por un proxecto urbanizador que finalmente non se executa, pasando pola concesión dunhas licenzas de edificación baixo sospeita, que levaron á Dirección Xeral de Urbanismo a paralizar as obras, continuando cun convenio asinado entre goberno municipal e promotora aprobado as agachadas unicamente pola Xunta de Goberno e sen pasar polo pleno da corporación que non conta con cláusulas que garantan o seu cobro no tempo previsto e sen que se saiba cal vai ser o futuro desta promoción de 532 mais un hotel do que non se volveu saber nada, como tampouco se sabe cando e de que maneira o goberno municipal vai defender o cobro das cantidades pendentes diante dunha empresa en quebra e cun proceso concursal aberto.

DESCOÑÉCENSE AS XESTIÓN REALIZADAS POLO GOBERNO MUICIPAL PARA DEFENDER UN DIÑEIRO QUE É DE TÓDOLOS VECIÑOS DE CERVO

Despois de que o 30 de xuño de 2008, un auto publicase o concurso voluntario de acredores solicitado pola promotora Astunosa Servicios Inmobiliarios que xa tiña paralizada unha promoción para a construción de 532 vivendas en San Cibrao, ao concello de Cervo, como acredor, ofertóuselle a posibilidade de asinar un convenio anticipado no que se incluían as opcións A) renunciar ao cobro da débeda pendente capitalizándoa ate o remate da construción e venda da promoción, ou B) renunciar ao cobro da débeda pendente que sería amortizada nun 33,33% nun prazo de tres anos sen intereses e o restante unha vez rematada a venta total da promoción; en calquera dos dous casos o fin era permitir a refinanciación da promotora para poder rematar os proxectos pendentes. Na proposta advertíase que no caso daqueles acredores que non optaran por ningunha das dúas opcións, quedarían suxeitos ao remate do proceso concursal; incidindo na necesidade de optar por unha das dúas ofertas advertindo que dese xeito podería evitarse a liquidación e disolución da empresa, algo que sen dúbida prexudicaría notabelmente non só as posibilidades de cobro das cantidades pendentes, senón tamén ás mais de 200 vivendas que a promotora recoñecía ter formalizada a súa venda.

Exit mobile version