Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros critica que o alcalde non leve a pleno a moción para adecentar a Espiñeira

NOTA DE PRENSA (FNC)

O BNG CRITICA QUE O ALCALDE NON LEVASE A PLENO A MOCIÓN NA QUE SE DEMANDA O ADECEMENTAMENTO DA ZONA RUINOSA E CHEA DE MALEZA QUE SE ATOPA NO BARRIO DA ESPIÑEIRA. OS NACIONALISTAS DIN QUE O DEBATE DEBE FACERSE NO PLENO E NON NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Barreiros, 3 de abril de 2009. O BNG de Barreiros critica que o alcalde non levase o luns a pleno a moción na que solicitaba o adecentamento da zona da Espiñeira onde hai varias edificacións ruinosas e cheas de maleza que son un perigo para os que transitan e viven nas súas inmediacións.

Antonio Veiga, portavoz nacionalista en Barreiros, sinala que “desde o BNG temos que lamentar que no pleno do pasado luns non se tratata a moción que propuxemos para adecentar a zona da Espiñeira, aqueles solares abandoados nese barrio. E lamentamos ainda máis que o debate que non se deu no pleno se estea a dar nos medios de comunicación, porque non nos vai levar a ningunha conclusión positiva”.

Desde o grupo municipal do Bloque engaden que “nós o que vemos son xustificacións por parte do alcalde e argumentos contradictorios que son defendidos por Alfonso Fuente Parga e que nada teñen que ver coas súas declaracións sobor deste asunto cando era tenente de alcalde no momento no que levamos este asunto a pleno en outubro de 2003. Daquela se nos decía que se descoñecía a titularidade dos propietarios dos solares abandoados, parece ser que polo que di agora xa coñece aos titulares e na situación na que están esas fincas habería que esixirlles que os manteñan nas debidas condicións de ornato e adecentamento, tal cual di a propia lei do solo. E isto non é porque se lle ocorra ao BNG, son os veciños da Espiñeira os que veñen denunciando desde hai máis de cinco anos a perigosidade daquel montón de escombros rodeados de maleza que en caso de incendio sería perigosísimo para as casas, o mesmo que en caso de derrubo de aquelas edificacións”.

Veiga Outeiro considera que “ainda que hai unha parte que é privada, hai outra que é de dominio público marítimo terrestre, polo menos a metade daquela zona e tamén está totalmente chea de maleza. Nós naquela moción de 2003 xa pedíramos que o Concello se dirixira a Fomento e a Costas e curiosamente se nos dixo que sí se dirixiran, pero que non tiñan previsto facer nada desde Costas e a nós eso non nos parece de recibo e por eso presentamos a moción para o seu debate no pleno do luns. Hai que actuar, aquí non valen disculpas nin xustificacións. Na man do alcalde está o adecentamento dos solares abandoados xa sexan de titularidade pública ou privada, e neste caso si se coñece ao titular, e incluso di que mantén conversas con él, pois que lle esixa o que di o artigo 9 da lei do solo. E que se dirixa a Costas para que adecente a parte que lles corresponde que é desde o deslinde do dominio público marítimo terrestre ata a ribeira”.

Os nacionalistas manifestas que “ese é o debate que tiñamos que dar no pleno e que o PP non quixo e prefire saír nos medios de comunicación. Nós entendemos que é no pleno onde deben debatirse as cousas que lle interesan aos veciños de Barreiros e tomar os acordos correspondentes”.

Exit mobile version