Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG considera que o goberno de Cervo incumpre os prazos para a redacción do PXOM

NOTA DE PRENSA
O GOBERNO LOCAL INCUMPRE UNHA VEZ MAIS OS PRAZOS ACORDADOS PARA A REDACCION DO PXOM DE CERVO

O PP non contesta as preguntas do BNG sobre a presentación do informe previo que debería estar a disposición do concello o pasado mes de marzo.

Cervo, 30 de marzo de 2009. O BNG volve reclamar ao goberno municipal o cumprimento dos prazos acordados coa Consellaría de Política Territorial para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, a vista da negativa do alcalde a contestar ás preguntas presentadas polo BNG o pasado 6 de abril, damos por feito que nin o Informe Previo que debería estar en poder municipal dende o mes de marzo, nin o PXOM son prioritarios para o Partido Popular.

O PP INCUMPRE OS SEUS COMPROMISOS E CHEGA A MENTIR EN SESIÓN PLENARIA

Mentres o Alcalde incumpre os compromisos adquiridos cos cidadáns para a redacción do PXOM no seu mandato, o Sr. Balseiro, portavoz do PP e concelleiro Delegado de Urbanismo, negaba a creación dunha Comisión Informativa sobre o PXOM reclamada polo BNG no pleno de constitución de comisións informativas e permitíase o luxo de mentir nesa sesión plenaria celebrada o 16 de xullo de 2007, ao dicir que “o PXOM, está case listo para remitir á Xunta de Galiza para a súa aprobación provisional”, sen que o alcalde corrixira tal afirmación por erro ou falsidade, xa que tal aprobación inicial aínda está prevista para o ano 2010 de acordo coa modificación do contrato coa empresa redactora, sempre e cando se cumpran os prazos acordados tanto nese contrato como coa Xunta de Galiza que establecía prazos procedimentais para outorgar a axuda de 80.000 euros para a súa redacción.

O BNG TEME OUTROS CATRO ANOS PERDIDOS PARA REDACCIÓN DUN DOCUMENTO QUE É FUNDAMENTAL PARA O FUTURO DO CONCELLO

Para o BNG tal como van as cousas, poden perderse outros catro anos sen que este goberno municipal impulse como debería a redacción do PXOM. Após do incumprimento do primeiro prazo que caducou no mes de marzo sen que se saiba nada do Informe Previo e sen que o Alcalde dese ningunha explicación nin contestase as preguntas presentadas polo BNG sobre este tema o pasado 6 de abril, pódese deducir que o PXOM de Cervo que lembramos iniciou a súa redacción no ano 2002 vai camiño de eternizarse por falla de compromiso e desinterese do goberno local, co amparo e mesmo apoio da Xunta de Galiza onde se albisca unha relaxación en canto á adaptación das normativas urbanísticas municipais á lexislación urbanística vixente.

Exit mobile version