Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións do PP promoven unha campaña de afiliación en Ribadeo

NOTA DE PRENSA
NN.XX de Ribadeo promove unha campaña de afiliación entre os mozos do municipio

O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, participou recentemente en Ribadeo nun acto organizado pola agrupación local de Novas Xeracións e que se enmarcaba dentro da campaña de captación de novos afiliados que está a desenvolver.

No encontro, de feito, entregáronse os canés á decena de xóvenes do municipio que se sumaron ó proxecto de NN.XX en Ribadeo. A agrupación, presidida por Daniel Vega conta neste intre cunha treintena de afiliados.

Entre as iniciativas que ten previsto desenvolver próximamente este colectivo cabe destacar a realización dunha enquisa entre as empresas existentes no concello e do máis diverso ámbito para que valoren o impacto que a actual crise económica está a causar na súa actividade e cales serían as solucións que, ó seu entender, poderían aportarse dende o Goberno, xa sexa central ou autonómico, para tentar paliar esta situación.

O inicio da realización desta sondeo está previsto para o vindeiro 14 deste mes. As conclusións derivadas desta recollida de datos e opinións serán trasladadas despois ós órganos de dirección do Partido Popular, principiando polos de ámbito provincial.

Ademais, o vindeiro 25 abril, NN.XX realizará o que denominan como “ruta do traballo” e que consistirá en visitar todo tipo de instalacións ou obras realizadas no municipio para constatar o uso que están tendo e as condicións nas que se atopan.

Exit mobile version