Veciños desta comarca asumen importantes responsabilidades no organigrama elaborado por Alberto Núñez Feijóo, tanto na Xunta como no Parlamento galego. “Somos, por dereito propio, protagonistas do cambio en Galicia”
A MARIÑA LUCENSE GANA PESO DENTRO DA NOVA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
· Co nomeamento de Raquel Arias como superdelegada en Lugo e a súa consecuente renuncia á acta de deputada, EMMA ÁLVAREZ CHAO, de Lourenzá, convértese na segunda parlamentaria da nosa comarca na Cámara lexislativa galega..
· PABLO RAMÓN FERNÁNDEZ ASENSIO, de Foz, como director xeral de Ordenación e Recursos Mariños, e ANDRÉS HERMIDA TRASTOY, de Viveiro, como director xeral de Promoción do Emprego son os principais expoñentes da familia popular comarcal na Xunta de Galicia.