BURELA (FNC) .-A Delegación de Sanidade do Concello de Burela, informa que onte, día 7 de Abril celebrouse na plaza do Concello do municipio unha clase de missed class para conmemorar o Día Mundial da Saúde. A concelleira, Sonia Fraga, sinala que “esta actividade, pioneira na comarca, tivo gran afluencia entre todas as idades, con máis de 50 participantes. A actividade foi impartida por Belinda Canoura, monitora de actividades físicas, na que se mesturou música con exercicio físico durante dúas horas. Ao finalizar a actividade convidóuse a tódolos asistentes a unha merenda saudable con zumos e pinchos variados. Esta é unha actividade máis que realiza o Departamento de Sanidade do Concello de Burela”. Dende a Delegación de Sanidade, agradéceselle a Belinda Canoura (monitora da actividade) a colaboración realizada para o desenvolvemento da mesma, así como a todos os asistentes, ademáis de animalos a participar en actividades que se poidan desenrolar nun futuro.
Ademáis próximamente iniciaránse talleres de nutrición e saúde dirixidos aos nenos e ás nenas dos centros primarios do municipio, e seguirase coas charlas de prevención da saúde, xa iniciadas no mes de xaneiro.