A MARIÑA .- Ós actos relixiosos propios da Semana Santa algúns concellos de A Mariña engadiron unha oferta lúdica complementaria. En Foz organizouse a sexta edición da “Ruta das Tapas”, o venres e o sábado, na que participaron máis de 20 establecementos. Os hostaleiros de Xove celebraron a Festa do polbo da pedra o xoves e, entre outras iniciativas, en A Pontenova, tamén venres e sábado, organizaron o Mercado de Semana Santa.
O domingo de Resurrección péchanse os principais actos relixiosos da Semana Santa na comarca, que tamén contou con diversas actuacións musicais.