Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Suarez agarda que neste ano comecen as obras de recuperación da Vilavella

RIBADEO (FNC) .- O Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño ven de anunciar a licitación das obras de demolición e recuperación medio-ambiental da enseada da Vilavella, a senda peonil de conexión coas aceas e a rehabilitación dos muíños de marea e de regato. O orzamento ascende a 3.263.288 euros e o prazo de execución será de 18 meses. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas económicas ata o 20 de maio.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destaca “moi positivamente que no día de hoxe saia no BOE o anuncio de licitación destas obras. É positivo porque culmina un traballo de moitos anos que estaba atascado por diferentes problemas, e que nosoutros con moitas penalidades conseguimos pagar o importe dos terreos hai uns meses. Iste foi o elemento necesario para que se desbloqueara todo este asunto”.

Suárez Barcia sinala que “o máis importante para Ribadeo é que vai ser unha actuación dunha envergadura grande, unha actuación coa que penso que Ribadeo se abre algo máis ao mar, á ría. Era algo que moita xente de Ribadeo descoñecía todos eses paraxes marabillosos da zona da Vilavella e que cando esto estea executado poderase ir andando desde a praia de Os Bloques ata a enseada das aceas onde está o muíño que se verá recuperado desde o punto de vista etnográfico”. O alcalde engade que esta obra suporá “un punto moi importante de cara ao turismo de calidade. Esa xente que se achegue a Ribadeo poderá ver estes diferentes ángulos e puntos de vista da ría. Algo que era totalmente descoñecido e que grazas a esta ambiciosa actuación será posible”.

Fernando Suárez valora “o traballo realizado pola Dirección General de Costas e confiamos en que unha vez que se abran as ofertas que será en xuño comecen xa neste 2009 as obras de execución que van durar 18 meses”.

Exit mobile version