Mañá xoves día 23 de abril, ás 17:30 horas, no Museo do Mar de San Cibrao, Mariñapatrimonio, seguindo as indicacións da Dirección Xeral de Patrimonio, entregará unha peza arqueolóxica atopada na zona de Pedrosa de San Cibrao. Esta peza é o vestixio máis antigo da presenza humana no concello de Cervo.