BURELA (FNC).- Éxito do curso de patrón de embarcacións deportivas a motor que se desenvolveu os días 10 e 11 de abril en Burela organizado pola Concellaría de Mar. En total participaron 24 alumnos nas clases teóricas e prácticas. A edil responsable deste departamento, Remedios López Villar, sinala que “ampliamos as prazas ofertadas para o curso en 4 máis das previstas e obtivemos un 100% de aprobados”. A concelleira socialista di que “o curso está a ter moita demanda e en Burela interésanos que se coñeza o mar e por iso o facemos gratis para os empadroados no noso concello. Nesta cita repasáronse conceptos como as partes dun barco, sinalización, abordaxe, bengalas… e sobre todo unha clase práctica que tivo lugar no peirao de Burela e que fixo as delicias dos participantes”.
Remedios López anuncia que “máis adiante faremos un curso máis complexo e específico sobre o PER”.
A concelleira de Mar lembra que está aberta a inscrición para participar noutro curso de formación sobre socorrismo acuático que se iniciará unha vez que se consiga cubrir un mínimo de 15 alumnos.
En Semana Santa 24 persoas fixeron o curso de Patrón de Embarcacións en Burela

En Semana Santa 24 persoas fixeron o curso de Patrón de Embarcacións en Burela
Relacionado
-
Villares destaca a contribución de festas como a do Polbo de Xove á dinamización da economía local e do sector, e á posta en valor dos produtos da costa
-
O PP critica “a falta de previsión do goberno local que en plena Semana Santa non realizou os desbroces nin puxo en servizo todos os aseos públicos do paseo marítimo”
-
O Concello de Viveiro ofrecerá en maio cursos gratuítos de música para nenos organizados en colaboración co Conservatorio