Hoxe tamén, pola tarde a partires aproximadamente das 16:30 horas, alumnos e alumnas do IES Illa de Sarón van a realizar na Residencia da 3ª Idade San Bartolomeu de Xove Lecturas de Textos Curtos Galegos. Para esta actividade cóntase coa colaboración do IES Illa de Sarón.
Pero non rematan aquí as actividades do Dia Mundial do Libro en Xove, dado que os próximos dias venres 24 e martes 28 de abril, e en colaboración co CEIP Pedro Caselles Rollán, vanse desenvolver na Biblioteca do Pedro Caselles, en horario de 10:00 a 12:00 horas, distintas actividades de animación á lectura: xogos relacionados con textos sobre trabalinguas, adiviñas, creación de historias a partires de personaxes, xogos de pistas para atopar un libro, etc. Nesta actividade van participar os 35 alumnos/as de 5º e 6º de primaria do Pedro Caselles.