BURELA .- O próximo sábado ás 12:00 no salón de conferencias de Burela (Antiga biblioteca) o Colectivo Cultural Buril organizará unha mesa redonda para tratar o tema do aborto. A mesa de debate contará coa presenza de destacadas representantes do PSdG-PSOE e do BNG. Polo primeiro falará Laura Seara e polo segundo Tereixa Novo. Así mesmo tamén participará na mesa redonda facendo unha contextualización de cal é a situación actual en relación ao aborto a avogada Luisa González. A moderadora do acto será a xornalista, intérprete, tradutora, revisora lingüística e investigadora Olga Castro.
Debate en Burela sobre a Lei do aborto organizada polo CC Buril
Debate en Burela sobre a Lei do aborto organizada polo CC Buril
Relacionado
-
A CIG condena o proceder do propietario de Sargadelos e insta a Xunta a facer valer a legalidade
-
A celebración de ‘Ribadeo 20/25’ será este xoves no auditorio municipal, conducido polo xornalista Fabián Pérez
-
Míriam Bermúdez: “O PP de Viveiro permite que As Nogueiras volva ser un vertedoiro incontrolado desfacendo o traballo do BNG”