Site icon Crónica3.com A Mariña

Cree o PP de Burela que os temas do pleno son de tramite e discrepa do proxecto do alcalde

Nota de Prensa

O GMPP de Burela afirma que o pleno de mañán corrobora a falla de traballo do alcalde.
González Barcia asegura que os dous asuntos que leva o alcalde son de trámite.
Consideran que o alcalde non tén proxecto para Burela nin gañas de facelo.

O GMPP de Burela asegura que o pleno ordinario que se celebrará mañán, xoves, reflexa a falla de traballo e de adicación do alcalde, de Nieves Cando, e do bigoberno municipal ó concello e a resolver os problemas dos cidadáns.
O portavoz popular, José María González Barcia, afirma que os dous asuntos que leva o alcalde son de trámite, e chegan, co xa coñecido retraso ó que nos tén acostumados este home, que nin tan siquera anda pola hora de Canarias, senón que parece estar nas Antípodas.
Así, segundo González Barcia, a adhesión ó Grupo de Acción Costeira debería de estar feita desde Outrubro de 2008, hai sete meses. Igualmente, a finais do ano pasado xa se falaba do Grupo de Xestión de Praias, que por certo vai suplantar á Comisión de Medio Ambiente da Axenda 21, que leva un ano sen reunirse. En fin, estas son as mostras da enorme capacidade de traballo do alcalde e do seu bigoberno.
Para Barcia, esto demostra que nin o alcalde nin Nieves Cando teñen proxecto para Burela e os seus cidadáns; nin o teñen, nin teñen gañas de telo. O único proxecto que os move é o de cobrar corenta e cinco mil euros ó ano cada un.
Os populares indican que se non fose polas tres mocións que presenta o PP, e polas preguntas que fará, o pleno estaría valeiro de contido.

Exit mobile version