Nota de Prensa
VECIÑOS DE SAN COSME DE BARREIROS RECOLLEN SINATURAS PARA SOLICITAR A FOMENTO A HABILITACIÓN DE DÚAS VÍAS DE SERVIZO E A CONSTRUCCIÓN DUN PASO ELEVADO NO VIAL DE ACCESO A A-8 DESDE ESTACAXUGOS.
Barreiros, 11 de abril de 2009. Os concelleiros do BNG de Barreiros, Xesús Díaz e Antonio Veiga, visitaron a zona afectada polas obras da A-8 en San Cosme xunto cos veciños perxudicados polo corte do Camiño Real, que deixa incomunicadas numerosas fincas da zona. Os afectados solicítanlle ao Ministerio de Fomento a habilitación de dúas vías de servizo e a construcción dun paso elevado no vial de acceso a A-8 desde Estacaxugos. Os veciños apoiarán esta demanda coas firmas que están a recoller entre os perxudicados.
Unha visita que se realizou despois da asamblea que o grupo municipal nacionalista mantivo coas asociación e cos veciños afectados por esas obras. Os nacionalistas explican que “dita asamblea celebróuse hai uns días a petición dos veciños que se sentían indefensos e esquecidos polas administracións, sobre todo pola administración local, despois de tres meses de denunciar a súa situación siguen sen resposta”.
Desde o BNG lévase insistido nos últimos meses “na necesidade de abordar con decisión e firmeza os problemas derivados das obras da autovía, por iso promovemos a constitución dunha comisión de seguimento das obras da autovía na que estaban representados todos os grupos políticos, comisión que foi reventada polo Partido Popular e máis concretamente polo alcalde, Alfonso Fuente, que logo da constitución da mesma negouse a volver reunila”.
O BNG de Barreiros seguirá atendendo aos problemas que van xurdindo e emprenderá acciósn conxuntas cos veciños e colectivos afectados.