RIBDEO (FNC) .- Comeza en Ribadeo a feira Con queixo, pan e viño, ven ao camiño. O alcalde, Fernando Suárez, manifesta que “hoxe da comenzo esta importantísima feira que se vai celebrar de aquí ao domingo en Ribadeo e que trata de poñer en valor estes productos tan comúns en todos os camiños de Santiago e precisamente desde o traballo que levan facendo desde as Fundación Comarcais da Mariña Central e Oriental podemos poñer en valor outra vez Ribadeo, como marco de feiras, congresos, exposicións e de actividades públicas que redundan nun maior achegamento de turistas e de xente tanto do noso concello como do resto da comarca aquí a Ribadeo”.
Suárez Barcia conta que “nesta longa ponte o tempo acompañe e que tamén aos actos que vai haber do cabodano do pasamento de Calvo-Sotelo que temos planificados desde o Concello, se lles sume esta feira importante e que poida traer a moita xente a Ribadeo”.
O rexedor convida “a todos aqueles que non son de Ribadeo a que se acheguen á nosa vila a esta feira tan importante onde poden ter unha chea de viños con denominación de orixe de Galiza, do País Vasco, de Extremadura, de Castela… haberá tamén queixos galegos, asturianos, cántabros, vascos e tamén pan. Son 90 stands e será a feira máis grande das que levamos feito en Ribadeo e xa desde hai uns anos nos estamos especializando neste tipo de eventos ben sexa no mercado de nadal, ben sexa a feira da horta e outros que hai ao longo do ano”. Fernando Suárez engade que “ésta é unha realidade grazas á colaboración do Xacobeo, de Turismo, da Deputación Provincial que fixeron posible co seu importante financiamento que esto puidera ser un escaparate de todo o Camiño Norte de Santiago e ao mesmo tempo debemos preparar con estes eventos o que vai ser o Xacobeo 2010”.
O alcalde lembra que “aquí en Ribadeo temos unha cousa que é moi importante e que terá que empezar (agardo) a rehabilitarse este ano que é o albergue de peregrinos segundo o acordo que asinamos no seu día co Bispado de Mondoñedo e coa Consellería de Industria e que todo esto contribúe a facer de Ribadeo un lugar de turismo, un lugar de encontro e un lugar atractivo para visitar”.