Site icon Crónica3.com A Mariña

Cinco representantes do PP de Burela irán ao congreso rexional

NOTA DE PRENSA:
O PP de Burela non precisará de votacións para elixir os seus compromisarios no congreso rexional.

Serán cinco os representantes do PP burelés.

Os populares celebran mañán asamblea de afiliados.

O PP de Burela estará representado no congreso rexional que o partido celebrará na cidade de A Coruña en Maio por cinco compromisarios. Non será precisa a votación para a súa elección xa que se presentaron cinco candidatos para os cinco postos que lles corresponden.

Os compromisarios que acudirán a A Coruña son Raquel Río Río, Manuel Fernández Valle, José María González Barcia, Luis Miguel Pedre Díaz e Pablo Pernas Chao.

Con todo, a asamblea de afiliados e simpatizantes prevista para mañán, venres, celebrarase igualmente, ás seis da tarde e na antiga biblioteca, de cara a preparar as eleccións europeas e o traballo do partido para o presente ano 2009.

Os cinco compromisarios bureleses estarán en A Coruña para colaborar na posta a punto da maquinaria do PP de Galicia para apoiar ó novo goberno da Xunta que presidirá Alberto Núñez Feijoo.

Exit mobile version