Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo tramitará as solicitudes de axudas para familias con fillos menores de 3 anos ao seu cargo

CERVO .- Cervo tramitará as solicitudes de axudas para familias con fillos menores de 3 anos ao seu cargo. O epartamento Municipal de Servizos Sociais de Cervo informará e tramitará nas oficinas da Casa do Concello ou ben na Casa da Cultura en San Ciprián as axudas por importe de 360 euros que teñen dereito a recibir as familias galegas por cada un dos fillos menores de 3 anos que estean ao seu cargo.

NOTA DE PRENSA

Os beneficiarios son aquelas persoas con fillos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2006 e 1 de xaneiro de 2009, ambos inclusive e que, por razón dos ingresos obtidos non estiveran obrigados a presentar a declaración da renda

CERVO TRAMITARÁ AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA FAMILIAS CON FILLOS MENORES DE 3 ANOS AO SEU CARGO

·        O prazo de solicitude remata o 13 de maio e a contía das prestación ascende a 360 por fillo.

·        Os técnicos municipais da Casa da Cultura de San Ciprián e do Concello de Cervo informarán e tramitarán as correspondentes solicitudes.

Cervo, 03 de abril de 2009.-  O Departamento Municipal de Servizos Sociais de Cervo informará e tramitará nas oficinas da Casa do Concello ou ben na Casa da Cultura en San Ciprián as axudas por importe de 360 euros que teñen dereito a recibir as familias galegas por cada un dos fillos menores de 3 anos que estean ao seu cargo.

A orde do 11 de marzo de 2009 –publicada no Diario Oficial de Galicia o 03/04/09- establece as bases que rexerán a concesión desta prestación económica de pagamento único. Os beneficiarios son aquelas persoas con fillos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2006 e 1 de xaneiro de 2009, ambos inclusive e que, por razón dos ingresos obtidos non estiveran obrigados a presentar a declaración da renda. Esta axuda tamén é extensible aos casos de adopción ou acollemento.

O prazo de solicitude das axudas remata o 13 de maio entre a documentación que deben achegar para solicitar a axuda está a fotocopia do DNI da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella, a autorización dos membros da unidade familiar para poder consultar os seus datos de carácter tributario, a fotocopia do libro de familia e da cartilla de aforros e a declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas con este mesmo obxecto por outra administración pública.

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO PARA O ANO 2009

D. ALFONSO VILLARES BERMÚDEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Cervo, INFORMA:

Segundo a Orde do 11 de marzo de 2009, DOG. núm. 65 do 03/04/09, establécense as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillo/a menor a cargo.

Persoas beneficiarias:
•    Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2009 (nacidos entre o 2-1-2006 e o 1-1-2009, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presenta-la declaración do IRPF.
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2007 e o 31 de decembro de 2008, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
•    Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou senteza de separación ou divorcio.
Para solicitar a mencionada axuda será necesario presentar a seguinte documentación:

– Fotocopia do DNI ou NIE da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella
– Autorización dos membros da unidade familiar para obter os seus datos de carácter tributario (anexo II)
– Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento de cada un dos fillos menores de 3 anos
– Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta, ou certificación bancaria
– Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo III)
– Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, e do convenio regulador, de ser o caso.
– Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
Se a persoa  solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2008 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude e copia do DNI/NIF, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 13 de MAIO

As persoas interesadas deberán acudir ó Departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello ou ben á Casa da Cultura en San Cibrao.

Cervo, 3 de abril de 2009

O ALCALDE

Asdo. Alfonso Villares Bermúdez

Exit mobile version