Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo destinará 25.590 euros a clubs e asociacións deportivas do Concello

CERVO .- O Concello de Cervo destinará  25.590 euros en axudas para clubs e asociacións deportivas do Concello. As axudas teñen por obxecto  colaborar nos gastos correntes derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións menores nos que poidan incorrer estas entidades.

NOTA DE PRENSA

O Boletín Oficial de Provincia publicaba o pasado sábado a orde de convocatoria que regulamenta a concesión destas subvencións para entidades sen ánimo de lucro radicadas no termo municipal cervense

CERVO DESTINARÁ 25.590 EUROS PARA CLUBS E ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS DO MUNICPIO

•    As axudas teñen por obxecto colaborar cos gastos correntes derivados da participación en campionatos deportivos federados ou realización de actividades de promoción deportiva, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións nos que incorran estas entidades.

•    Hoxe se inicia o prazo de presentación das solicitudes que rematará en 15 días hábiles. Os interesados deben aportar a documentación necesaria no rexistro xeral da Casa do Concello.

Cervo, 06 de abril de 2008.-  A edil delegada de Deportes, Yolanda Pedreira Cruz, informou que o Concello de Cervo destinará  25.590 euros en axudas para clubs e asociacións deportivas do municipio. A devandita contía distribuirase conforme regulamenta a orde de convocatoria destas subvencións publicada o pasado sábado 06 de abril no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP). A ela poderán acollerse todos os clubs e asociacións deportivas legalmente constituídos que teñan a súa sede no concello de Cervo e desenvolvan actividades de interese municipal.

As axudas teñen por obxecto  colaborar nos gastos correntes derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións menores nos que poidan incorrer estas entidades.

O prazo para solicitar estas subvencións dá inicio no día de hoxe, luns 6 de abril, e rematará dentro de 15 días hábiles, isto é o luns 27 deste mesmo mes. Os interesados deben presentar a documentación necesaria no rexistro xeral da Casa do Concello. A través desta liña de axudas o Goberno municipal colabora e impulsa cos esforzos desenvolvidos por diversos colectivos no ámbito do fomento do deporte e noutras actividades recreativo-deportivas.

Exit mobile version