González Legazpi engade que “conxuntamente celébrase tamén en Arévalo a Feira de Antigüidades que xa vai pola súa XXII edición. Esta ten coma característica principal a exposición de pezas de alta época dunha antigüidade mínima de 100 anos; en definitiva, un espazo amplo e plural onde Burela, dará a coñecer os seus atractivos turísticos, gastronómicos, a súa historia e demais, como en anos anteriores a través dun stand apropiado en espazo e distribución”.
O responsable de Turismo de Burela explica que “acudimos á Feira de Mostras de Arévalo por terceira vez, porque entendemos que na promoción e na divulgación atópase a consecución dos obxectivos turísticos, entre outras cousas, a potenciación turística radica en manterse naquelas feiras de interese. E a feira de Arévalo polo seu propio asentamento e a súa cercanía con Madrid é interesante para a promoción de Burela coma destino vacacional, para divulgar a nosa gastronomía e todo o que ten interese no ámbito turístico e mesmo residencial>.
No que vai deste 2009, Burela estivo presente en Fitur en Madrid, en Expourense, e no Salón Internacional de Barcelona a través de Turgalicia e agora en Arévalo en Ávila. José González Legazpi anuncia que “nos vindeiros meses Burela acudirá a Ferrol, a Vigo e tamén a Valladolid, Bilbao e Xixón”.