Nesta reunión acordouse que o prezo da ración sexa de 6 euros e os restaurantes que participen deberán levar unha proba da súa especialidade nun prato o sábado á feira. “Ese día farase unha degustación gratuíta de todos os hostaleiros e repartiranse os libros que se fixeron nas xornadas anteriores”, segue a contar Remedios López Villar.
A concelleira de Mar sinala que “desde ABSA ven moi positiva esta iniciativa de promocionar os seus produtos, e van agasallar como xa fixeron o ano anterior cunha merluza do pincho a cada restaurante que participe nesta festa gastronómica”. Remedios López agarda que nestas segundas xornadas da merluza do pincho participen entre 15 e 20 hostaleiros “o número definitivo coñecerémolo a finais desta semana ou principios da vindeira”.