Site icon Crónica3.com A Mariña

As baixas non impediron que o C.B. Xove gañase en Vilagarcía

O CB Xove nun partido disputado na casa. Foto: Miguel Fraga

XOVE .- (MFO) O Centro Óptico Xove, con unha reducida plantilla de seis xogadores, gañou en Vilagarcía ante un rival directo por 50 puntos a 66. Para este encontro Armando Otero non puido contar con Pony, Álvaro e Kuki, por lesión, nin con Miguel, baixa de última hora por enfermidade. A isto hai que sumar a lesión de Angel, no minuto dous de partido, que deixou ao equipo xovense con tan so cinco xogadores. A pesar de todo o equipo soubo sobrepoñerse para sacar a diante unha importante vitoria.
O partido non tivo moita historia pois dende o principio o Xove mandou no marcador. Os de Vilagarcía tiveron momentos de bo xogo para acercarse pero os xovenses con varios cambios de defensa lograron manter as distancias.
Así con tan so cinco xogadores o C. B. Xove logrou unha importante vitoria que o separa do descenso e o sube ata a oitava praza da clasificación.

Exit mobile version