BURELA .- 18 alumnos de 4º de ESO do IES Perdouro, acompañados de 2 profesores de inglés do IES Perdouro, realizaron unha viaxe de interese lingüístico-cultural a Londres entre os días 16 e 19 de abril. Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da capital, tales como: Buckingham Palace, Westminster Abbey, The Parliament e Saint Paul´s Cathedral. Ademais, visitaron Tower Bridge, the Tower of London, así como as prazas e parques mais populares da cidade. A visita ao National History Museum e ao British Museum tamén formaron parte das actividades da viaxe. Os alumnos disfrutaron especialmente do paseo en barco ata o Royal Observatory en Greenwich, así como dos mercados e zonas de “movida” da cidade.