O Concello de Burela lembra que ata a vindeira semana está aberto o prazo de inscrición para participar nos dous cursos do Plan FIP organizados para as vindeiras semanas. O rexedor, Alfredo Llano, lembra que “se trata dos cursos de soldador e de carpintería metálica que teñen unha duración de 600 horas. Eu animo á xente a que se inscriba, as bases están á súa disposición no Concello de Burela”.