Site icon Crónica3.com A Mariña

A portavoz do PP de Mondoñedo “denuncia a modificación do contrato para a elaboración do Plan Xeral”

Nota de Prensa

Elena Candia, portavoz do Grupo Popular mindoniense, DENUNCIA a modificación do contrato administrativo para a Elaboración do Plan xeral do Concello de Mondoñedo, que ven de facer o bipartito, amparandose nun contrato asinado en febreiro de 1999, sendo no seu momento Alcalde mindoniense D. Javier Loira Rúa, que permitiría a mesma empresa a un novo traballo de redacción do Plan Xeral para mondoñedo. contrato que tiña un prazo de execución de 10 meses e que por tratarse dun contrato de consultoria, e difícil entender unha duración posterior a 4 anos.

o grupo popular votou en contra da citada modificación dese contrato e da adxudicación a empresa por considerar que a duración do mesmo estaba absolutamente superada e a caducidade legal do contrato tamén,
Tal votación en contra non debe ser entendida como un voto en contra do PXOM, pois, así como levaba no seu programa electoral, consideramos que a redacción do mesmo é absolutamente necesaria para a Mondoñedo, para a cidade e para o noso rural. Pero tal obxectivo non debe xustificar calquer medio, e a adxudicación deste contrato DEBE CUMPLIR A MAIS ESTRICTA LEGALIDADE NO PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN, RECORDEMOS QUE A SUA CUANTÍA SUPERA OS 125000EUROS ( VINTE MILLONS DAS ANTIGAS PESETAS) e todo parece indicar que con esta maniobra o que se está a facer é unha ADXUDICACIÓN DIRECTA ENCUBERTA.

as razons esgrimidas polo bipartito, como moito poderían levar a unha indemnización por danos e perxuicios a esta empresa, pero non por adxudicarlle directamente un contrato desta embergadura vulnerando os principios básicos de contratación das administracións públicas.

A falta de proxecto, a falta de implicación e ineficacia na xestión local son cada día máis evidentes, así como a súa incoherencia política e actitude demagoxíca.

O ninguneo a oposición é sangrante e sen precedentes no concello.
A día de hoxe con pivotes xa instalados en algunha das rúas da cidade a portavoz do Partido máis votado do noso concello, así como o seu grupo segue sen saber cómo van a empregrarse e cal é o proxecto de peonización que ten para a nosa cidade.

Exit mobile version