Na nova sala de exposicións da Oficina de Turismo de Xove, sita na Avenida Deputación, abre a Exposición de Dora Vidal “Luces e naturezas da Mariña” na que se poden contemlar 25 óleos. Trátase da segunda exposición de Dora Vidal en Xove, que o pasado mes de agosto expuxo na Sala do Centro Cívico.
Dora Vidal asegura que “pretendo transmitir na miña pintura a beleza das nosas paisaxe cheas de luz e colorido. Na harmonía dos ceos azuis e das paisaxes doces que nos envolven coas súas cálidas cores, imaxino que a arte se fai amor”. A Concellería de Cultura do Concello de Xove colabora na organización da exposición