Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación propón formar “anfitrións en visitas guiadas” para dar a coñecer o seu concello

LUGO .- A Deputación propón formar “anfitrións en visitas guiadas ” para dar a coñecer o se concello. A deputada nacionalista e delegada de Turismo da Deputación de Lugo, María Xosé Vega Buján, deu a coñecer a proposta a representantes de concellos que participan no programa “Coñece o teu concello coñece a túa provincia”. A xuntanza asistiron alcaldes e representantes dos concellos de Viveiro, Ribadeo, Monforte e Ferreira de Pantón, preseleccionados para participar “nesta primeira experiencia pilotos”outros concellos.
Nota de Prensa

Asunto : Campaña de sensibilización : “ Coñece o teu concello, coñece a tua provincia “.

A deputada nacionalista Dna. Mª Xosé Vega Buján e  delegada da área de Turismo da Deputación de Lugo, reuníuse esta mañá cos alcaldes dos concellos preseleccionados para participar nesta 1ª experiencia piloto : D. Fernando Suarez Barcia ( Ribadeo ), D. Melchor Roel Rivas ( Viveiro ), D. Severino Rodríguez Díaz ( Monforte  ) e D. José Luis Alvarez Blanco ( Ferreira de Pantón ).

A esta primeira reunión tamén asistiron os técnicos municipais e provinciais que farán o seguimento da campaña

O motivo deste encontro foi  o de dar a coñecer aos alcaldes os contidos desta experiencia, que ten como

DESTINATARIOS  persoas dinámicas e sociables de cada concello, que en caso de ser seleccionados teñan tempo para facer de anfitrións e sen límite de idade ou nivel de estudos para formar  grupos de entre 12 e 20 persoas maiores de 18 anos e QUE ESTEAN INTERESADAS NA HISTORIA DO SEU CONCELLO,

e como OBXECTIVOS XERAIS  que ao final da experiencia cada un dos concellos participantes conte cun grupo de persoas que poderán actuar como “ anfitrións en visitas guiadas polo concello “.

para o cal OS CONTIDOS desta campaña serán os de :

coñecer a visión que sae sempre en folletos, libros, etc  do seu pobo, pero tamén o que nunca se conta nas guías e que debería de contarse.

Simulación dunha visita guiada no que cada un dos participantes aporte unha idea ou coñecemento novo que habitualmente non sae nas guias de turismo para conformar un circuito definitivo para futuras visitas guiadas.

Nesta etapa haberá un intercambio de confraternización entre os grupos dos concellos: en primeiro lugar os da Mariña visitarán a Ribeira Sacra e posteriormente os da Ribeira Sacra visitarán a Mariña. Estas visitas terán unha duración dun día .

E as actividades formativas en cada concello  terán unha duración de 20 h.

Exit mobile version