Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Xuventude de Burela organiza tres cursos de informática e un de malabares

BUREA (FNC) .- A Delegación de Xuventude de Burela organiza varias actividades que se desenvolverán nos meses de maio e xuño dentro da programación de primavera destiñadas aos rapaces de 12 a 35 anos. A edil nacionalista, Neves Cando, anuncia a celebración de tres cursos de informática “centrados na creación de contos, na creación de calendarios e na participación en internet a través dun blog”. Estes tres cursos de 6 días de duración cada un serán impartidos na aula de informática que a Rede de Dinamización está a desenvolver na propia Casa da Xuventude de Burela.
A Concellaría de Xuventude organiza tamén un curso de iniciación ao motion graphic. Segundo Neves Cando “ésta é a parte máis novidosa deste programa de actividades porque supón iniciarse nas técnicas máis modernas do deseño gráfico. É deseño gráfico en movemento que se consigue a través de vídeo con animacións vectoriais e gráficas tridimensionais. Hoxe en día é algo moi empregado tanto en películas coma en publicidade, os anuncios de televisión máis coñecidos pola nosa mocidade están feitos a partires desta técnica”. Para participar neste curso de motion graphic necesítase ter coñecementos básicos de informática.
O departamento que dirixe Neves Cando organizou tamén un curso de malabares. Cando sinala que “é a primeira vez que se fai no noso Concello un curso deste tipo. Está dirixido a aqueles mozos e mozas que queiran achegarse un pouco ás técnicas circenses ademáis de traballar e desenvolver aspectos físicos e psicomotrices coma unha alternativa tamén aos deportes clásicos”.
Os interesados en participar en calquera destes cursos teñen para inscribirse ata o vindeiro 4 de maio. Deben facelo na Casa da Xuventude o una biblioteca municipal de Burela.

Exit mobile version