Site icon Crónica3.com A Mariña

A coordinadora de auxiliares de Alcoa asegura que empresas someten a sobre explotación a traballadores

SAN CIBRAO .- A coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa asegura que “queremos denunciar a sobre explotación á que certas empresas están sometendo aos seus traballadores”,  e afirma que “hai casos tan sangrantes como o de que un operario teña  que estar manexando máquinas durante 16 horas, durante varios días seguidos”.

Nota de Pensa

ONDE ESTAN AS TAN CACAREADAS MEDIDAS DE SEGURIDADE DE ALCOA?

Na reunión mantida onte luns pola Coordinadora dos/as traballadores/as das empresas auxiliares de ALCOA, queremos denunciar a sobre-explotación á que certas empresas están somentendo aos seus traballadores, todo elo derivado da presión que a principal ALCOA exerce sobre as subcontratas. A coacción exercida sobre os traballadores ven dada polos requerimentos de URXENCIA que ALCOA lles fai ás empresas auxiliares, e estas trasladana aos traballadores, de que si non acceden serán despedidos.
Hai casos tan sangrantes como o de que un operario teña  que estar manexando máquinas durante 16 horas, durante varios días seguidos (descarga de 20 barcos de mínimo 60.000 Tm. c/un). Onde estan as medidas de seguridade das que tanto se jacta ALCOA?, como pode ir polos colexios querendo dar exemplo á comunidade?. Sería paradóxico, pero posible, que o pai dalgun destes nenos/as estivese sufrindo as consecuencias de tanta hipocresía.
Coas cifras de paro existentes, acercandonos aos 5 millóns, como se poden facer estas xornadas de traballo, cando ao mesmo tempo se está despedindo traballadores?.
Non é unha cuestión de insolaridariedade entre traballadores, é unha agresión directa e deliberada sobre unhos traballadores, e por extensión todos nos. Onde están as Administracións que debe vixiar estas agresións e incumprimentos?
O xoves 30 convocase a todos/as os/as traballadores/as das Auxiliares de ALCOA a unha asemblea, ás 17:30 hs. no aparcamento da fábrica.

Exit mobile version