CERVO .- O venres, día 1 de maio, celébrase o Día do Xubilado do Concello de Cervo, no que participarán uns seiscentos veciños. Dez autobuses trasladaranos ao restaurante O Val do Naseiro, en Viveiro, onde haberá un xantar presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Previamente concentraranse na Praza do Concello e pararán en Viveiro
NOTA DE PRENSA
XXVI DÍA DO XUBILADO – CONCELLO DE CERVO
Cervo, 29 de abril de 2009.- O vindeiro venres, día 1 de maio, celébrase a XXVI edición do Día do Xubilado do Concello de Cervo, á que están inscritos uns seiscentos veciños.
Un total de dez autobuses recollerán aos participantes por todas as parroquias do concello, nas paradas habituais. Os percorridos de cada autobús e as horas aproximadas ás que pasarán son as seguintes:
1 autobús: fará as recollidas de Rúa – O Paraño (11:00 horas)
1 autobús: fará o percorrido San Román – Sargadelos (11:00 h)
3 autobuses: sairán da Casa do Mar de San Ciprián (11:00 h)
1 autobús: cuxa ruta será Espiñerido – Río Covo – A Venta – Gondrás – Viladesuso (10:45 h)
1 autobús: co percorrido Lieiro – O Pedregal – A Florida (10:45 h)
1 autobús: recollerá aos veciños de Trasbar – Castelo (10:45 h)
1 autobús: pasará por Rueta – Cuíña – A Senra (10:45 h)
Unha vez que recollan aos asistentes, todos os autobuses volverán para Cervo, facéndose unha xuntanza de todos os asistentes na Praza do Concello, para saír todos xuntos sobre as 11:30 h con dirección a Viveiro, onde está previsto facer unha parada de lecer de aproximadamente dúas horas, saíndo desde o porto de Viveiro ás 14:00 horas cara ao restaurante.
Nesta edición, o xantar celebrarase non restaurante O Val do Naseiro, ás 14:30 horas, e estará presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, dona Beatriz Mato Otero.
Como en edicións anteriores, despois do xantar farase entrega dos premios dos campionatos de Parchís e Tute, organizados para os xubilados, e cuxos gañadores son os que de seguido se indican.
Tute
1º premio: Santiago Ramos e Marciano García
2º premio: Lidia Pernas e Antonia Casas
3º premio: Dolores Galdo e Herminia Rodríguez
Parchís
1º premio: Josefa Núñez López e Angelines Bermúdez
2º premio: Herminia Rodríguez López e Dolores Galdo Val
3º premio: Carmen Suárez Tarrío e Luísa Ponte Díaz
Non faltarán o baile nin os tradicionais sorteos de agasallos cedidos por diferentes establecementos, como son: Cerámica Gudín, Cerámica de Sargadelos, Óscar Joyeros, Autos Rodríguez, Confitería María, Pastelería Fontenova, Inmobiliaria Mas e Restaurante O Val do Naseiro, aos que desde a concellería de Asuntos Sociais dirixida por Pilar Armada, agradecen a súa colaboración.
A concelleira de Asuntos Sociais quere desexar a todos os participantes que se divirtan no seu día, o día nos nosos maiores