E o 19 de abril comenzarán Os domingos a pé que “son unhas rutas de sendeirismo que facemos para compartir e disfrutar do tempo de ocio que temos para nós e achegarnos ao noso patrimonio cultural e artístico”, explica Mariluz Álvarez Lastra. O domingo 19 de abril a ruta será por Santa Eulalia de Oscos e a segunda terá lugar o 24 de maio por Vilaodriz. A saída de Ribadeo, nos dous casos será ás 11 da mañá e a volta entre as cinco e as seis da tarde. Neste caso a actividade tamén é gratuita e para apuntarse as interesadas en participar deben facelo no CIM en horario de 8:30 a 15:00 horas. Estas rutas estarán dirixidas por Pena Tallada e pola Asociación Paco Lanza.
Esta programación foi acordada no seu día polo Consello Municipal da Muller de Ribadeo.
A concelleira de Muller e Cultura lembra que tamén o 19 de abril haberá teatro en Ribadeo coa posta en escea da obra Unha primavera para Aldara “que está moi orientada aos temas da muller, por eso as convido a que acudan a ver esta representación que terá lugar ás 20:30 horas”.