RIBADEO .- A asociación Atalaia asegura nun comunicado que “o noso rexeitamento á política que se segue desde o Consistorio e pedimos que polo Pleno do Concello adóptense medidas de seguimento dos compromisos subscritos en materia de participación cidadá”. A asociación veciñal pide un impulso a participación cidadá.
NOTA DE PRENSA
Atalaia dado que nin se informou adecuadamente aos veciños cando se tratou de impor un Plan Sectorial na Zona vella de Ribadeo nin se informa co trazado das lineas de alta tensión en período de exposición pública
O impulso da participación cidadá e, a través dela, a profundización e mellora da democracia local, constitúe un dos obxectivos fundamentais da Axenda 21 Local, do mesmo xeito que a Carta de Aalborg e outros compromisos que subscribiu o Concello de Ribadeo e así se manifesta na web do Concello, agora só falta que os cidadáns participemos en algo.
Desde esta Asociación manifestamos o noso rexeitamento á política que se segue desde o Consistorio e pedimos que polo Pleno do Concello adóptense medidas de seguimento dos compromisos subscritos en materia de participación cidadá.