Site icon Crónica3.com A Mariña

27 puntos separaron da vitoria ao club de baloncesto Centro Óptico Xove en Narón

O C.B. Xove nun encontro xogado na casa - foto: Miguel Fraga

XOVE (M.F.O).- O club de baloncesto Centro Óptico Xove, noveno na táboa, perdeu en Narón por 81 a 54 contra o segundo clasificado. A boa rotación do banquillo do Narón imprimiu unha gran velocidade ao xogo que o Xove afrontou con numerosas baixas. O Centro Óptico Xove xa solventara, matematicamente, a permanencia a pasada xornada.
Dende o primeiro minuto o partido foi claramente favorable ao Baloncesto Narón que pelexa por unha das dúas prazas para ascender. Co paso do tempo  a renta foi aumentando ata acadar ao final do partido os 27 puntos; pese a esta derrota o Xove mantén a novena praza da clasificación.
A boa noticia foi a recuperación de kuki que tras toda a tempada con problemas físicos puido xogar gran parte do encontro.
Polo C. B. Xove xogaron: Javi, Ángel (5), Miguel (10), Paco (18), Juanma (11) – Kuki (10)

Exit mobile version