Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove recupera a súa asociación de empresarios por iniciativa do Concello

XOVE .- A asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Xove elixiu unha xunta xestora, formada por sete empresarios e presidida por Marta Louzao, para revitalizar o colectivo. O acordo adoptouse nunha reunión convocada polo Concello de Xove na que participou o alcalde, Demetrio Salgueiro, quen destacou a asistencia dunha trintena de empresarios e o interese por pór en funcionamento a asociación. Así o manifestou o rexedor municipal en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
A asociación de empresarios de Xove fora creada en 1991, pero estaba inactiva desde fai 14 anos.

Exit mobile version