Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove homenaxeou a dúas tataravoas no Día da Muller

XOVE .- (FNC) Un cento de mulleres de Xove participaron o domingo nun acto celebrado na carpa multiusos do concello con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora. Aproveitouse tamén para homenaxear a dúas tataravoas, Magdalena Vázquez Fernández, de 92 anos, veciña de xove, que asiteiu ao acto; e María Dolores Rapa Basanta de 93 anos, veciña de Vilalpol, parroquia de Portocelo, quen non puido acudir. Rematou o acto cunha chocolatada para tódalas participantes.
Estiveron presentes no acto o alcalde Demetrio salgueiro, a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, xunto con outras autoridades municipais.

Exit mobile version