RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, cualifica de “boa noticia para o núcleo urbano de Rinlo que por parte da Consellería de Vivenda e Solo, por parte da conselleira en funcións, Teresa Tábosa, se nos comunicou por escrito que foi aprobada definitivamente a declaración da Área de Rehabilitación Integral para Rinlo”. O rexedor lembra que “esta ARI se aprobou inicialmente aquí no Concello e despois por parte de Vivenda se nos requiriu para fósemos quizais máis ambiciosos non só en pedir axudas para a rehabilitación privada senón tamén para espazos públicos, xa desde o primeiro momento”.
Suárez Barcia sinala que “agora declara esta ARI para Rinlo e indica que cabe subscribir o correspondente convenio na comisión bilateral de seguimento na que vai a participar o Concello e na que tamén están a Xunta e o goberno central a través do Ministerio de Vivenda”. O alcalde de Ribadeo engade que “isto xa é un papel que queda destinado para que o novo goberno autonómico da Xunta teña que asinar o primeiro convenio da comisión bilateral cando se produza, creo que na época estival”.
Fernando Suárez subliña que “o que era o compromiso desta Consellería de Vivenda e Solo cumpriuse e eu lle agradezo a Teresa Táboas, a conselleira en funcións, que se acordara de pechar este expediente para que o novo goberno que entre xa o poida xestionar con toda garantía”.