Site icon Crónica3.com A Mariña

Trinta persoas participan nun curso de informática organizado polo concello de Burela

BURELA (FNC) .- Un total de 32 persoas participan en Burela nun curso de informática organizado polo Concello en colaboración con Academia Postal. O curso on-line de 30 horas de duración está dirixido a traballadores en activo e está financiado polo Ministerio de Educación e o Fondo Social Europeo.

A edil de Emprego, Sonia Fraga, sinala que “os mércores e venres hai dúas titorías cun monitor presencial no Centro de Formación para que estes 32 alumnos poidan asistir a solventar todos os problemas que lles poidan xurdir ao longo da semana. As titorías son de 20:00 a 22:00 horas”.

A concelleira socialista amósase satisfeita “pola alta participación neste curso que comezou onte e no que se abordan cuestións e conceptos coma Word, excell, Access, power point…”.

Exit mobile version