XOVE .- (MFO) O Centro Óptico Xove perdeu por terceira vez consecutiva, esta vez en Porriño contra o Canteiras, por 66 puntos a 56.Tras esta racha os xovenses caen ata a décima posición con un balance de once vitorias e trece derrotas.
O partido comezou mal para os de Xove, con unha floxa defensa que lle permitiu aos de Porriño poñerse con trece puntos a favor ao descanso (34 21). Na segunda metade os mariñáns despertaron e foron recortando distancias. A falta de dous minutos a diferencia xa era so de catro puntos pero a falta de acerto nos tiros libres condenou ao Xove a perder por 66 a 56.
Polo C. B. Xove xogaron: Javi(9), Angel(5),Fernando(11), Juanma, Dani(2)- Eloy(2), Álvaro(2), Miguel(14) e Paco(11)