O VALADOURO .- Nada menos que 22 tapas gratis ofrecerán unha ducia de establecementos, o sábado día 28, na cuarta Ruta de Tapeo de O Valadouro; o mesmo día celebrase o Mercado Tradicional de Primavera, con zoqueiros, cesteiros, productos da horta, mel do Valadouro” e carne do Valadouro entre outros. “Para darlle unha nota de color e elegancia á vila”, aseguran desde a organización, haberá unha mostra de automóviles clásicos; a animación correrá a cargo da Charanga NBA
Nota de Prensa
Ata 22 tapas gratis se van a poder consumir en O Valadouro o vindeiro sábado 28 de marzo de 2008 por mor da IV Ruta de Tapeo organizada polos locales hostaleiros de Ferreira e o Concello. Realízase esta IV ruta coincidindo coa Mercado tradicional de Primavera que se vai desenvolver pola mañá na praza principal do pobo. No Mercado contamos con productos artesanais como zoqueiros, cesteiros, produtos da horta, o tan preciado e afamado “Mel do Valadouro”, carne do Valadouro… e un sinfín de produtos naturales.
Tamén, e coincidindo co Mercado Tradicional de Primavera, a asociación de automóviles clásicos e antiguos de Lugo achégase ata Valadouro para darlle unha nota de color e elegancia á vila e para axudar un pouquiño a regresar un anos conta atrás. A partires das doce do medio do día estarán ubicados na rúa principal de O Valadouro e preto da praza os coches que ata ese punto se acheguen.
Para darlle animación ó evento vamos a contar coa Charanga NBA que vai a facer o percorrido das tapas por toda a Vila e ó remate ofrecerá un pequeño concerto.
Por cada consumición, vaise a entregar a todos un ticket para entrar no sorteo dunha cena para dúas persoas no Hotel Vila do Val de O Valadouro. E para ir abrindo bo sabor de boca, as tapas que van a ofrecer os locales de Ferreira van a ser:
Bar O Atallo: Barcas Recheas e Medallóns.
Hotel Vila do Val: Bacalao marinado con pasas e tortilliña de camaróns.
Bar Venezuela: Pataca confitada con Rolls Teriyaki e Rape en salsa aromática.
Bar Nardo: Bacalao á Vasca e Pulpo á gallega.
Confitería Méndez: Recheos e Perlas do Mar.
Bar Asturias: Delicias de ave e Sorpresa marinera.
Hostal O Novo: Sabrositas e enrollados.
Bar O Curruncho: Capitán errante e montadito.
Casa da Cultura: Amor de Mar e Panaché de Primavera.
Parrillada Balsa: Bombóns de xamón ibérico con queixo de cabrales e bacalao con fabas de lourenzá aromatizadas con mel do Valadouro
Bar O Colorado: Bolas recheas e huerta marina.
Con cal vos quedades? Hai que vir a probalas todas. O vindeiro sábado 28 de Marzo de 2009 ó mercado Tradicional de Primavera.