SARGADELOS .- As representantes da CIG no comité de empresa da fábrica de Cerámica de Sargadelos, en Cervo, fixeron pública a súa inquietude polo futuro da empresa e aseguran que “moitas e moitas das traballadoras e traballadores deste centro” tamén a sinte. A vez, as representantes sindicais explican que “a regulación temporal de emprego proposto pola dirección da empresa afecta a 116 traballadoras e traballadoras, dun total de 126”.
NOTA DE PRENSA
INQUIETUDE EN SARGADELOS
Por parte das representantes da CIG no Comité de empresa da Fábrica de Cerámica de Sargadelos, en Cervo, temos que manifestar a nosa inquietude, que é a de moitas/os das traballadoras/es deste centro de traballo, a respecto do expediente de regulación temporal de emprego proposto pola Dirección da empresa, e que afecta a 116 traballadoras/es, dun total de 126.
Non entendemos como dende a dirección parece que dan todo por feito, e parecen empeñados en ter todo resolto en 15 días, considerando este período como máximo, cando segundo a lexislación o período mínimo sería de 30 días. Apreman ao persoal, co argumento da caída do 30% das vendas no que vai de ano, cando as vendas xa veñen decrecendo dende fai varios anos, con leves recuperacións nalgún ano, e cun incremento das existencias no período dos catro últimos anos (2005-2008) que supera o 80%. Isto segundo os datos da empresa. As/os traballadoras/es somos conscientes disto, e que non é de agora. Si no ano 2007 houbo un incremento de existencias do 19%, e no 2008 do 35%, e non se tomaron medidas, como poden instarnos a tomar unha decisión con esta urxencia?, cando non se empezaron a tomar medidas con antelación.
En todo caso, o do período de consultas non debería ser un atranco para ningunha das partes. O fundamental é chegar a un acordo que garanta a recuperación e continuidade da empresa, e dos postos de traballo, e que sexa o menos gravoso posible para as/os traballadoras/es.
Por parte da CIG, xa dende a primeira reunión, propúxose a acumulación do 1/3 de redución de xornada en xornadas completas. Por un lado porque é menos gravosa a respecto do consumo de tempo de desemprego, e por outro para aproveitar o Decreto-lei 2/2009 aprobado polo goberno e que recolle a reposición de ate 120 días do paro consumido, e aínda que isto sería para os casos nos que houbese extinción dos contratos antes de finais de 2011, e nos agardamos que non se chege a tal situación, considerámola importante por si chegase a darse.
Tamén nos sorprende o alto grao de optimismo a respecto da recuperación, que sería case que milagreira, dunha recuperación e incremento das vendas, e poder finiquitar o ERE antes dos seis meses, máxime cando inicialmente incluían a posibilidade dunha prorroga doutros 6 meses. ¡Oxalá!
O vindeiro luns hai xuntanza coa empresa, e posterior asemblea de traballadoras/es ás 6 da tarde.