Site icon Crónica3.com A Mariña

Que terán que ver as Pangas cos Cds

Que terán que ver as Pangas cos Cds

Superekis

Unha reflexión sobre o artigo dunha señora de Madrid amiga do mar, se cadra tamén dos océanos.
O disco ao que fai referencia a tal señora Moreda non se pode retirar do mercado porque non está no mercado… é unha compilación de grupos galegos do máis variado que se regalaba aos asistentes ao Cultur.gal e que logo teño visto de balde nalgunha tenda de discos.

O cd en cuestión facía unha escolla que trataba de atinxir un grande número de sensibilidades, incluso as máis irónicas (algo do que os galegos sempre tivemos a reo… salvo algúns casos excepcionais de aborixens que emigraron do país e co tempo tinxiron o cabelo de loiro e o corazón de negro).

Por último, a min a canción tampouco é que me fixera moita graza,prefería a de temática homosexual kara.o.ke, pero asegúrolle que menos graza me ten feito que os flamantes novos gobernantes gastaran moreas de cartos da cultura en mastodónticas construcións sen utilidade mentres os creadores do país, os que me gustan e os que non, morrían de noxo polos recunchos da Galiza.

Penso que rir de nós mesmos e un acto de grandeza que nos honra de verdade e os que non entendan iso, tal vez deberían ficar… lonxe da terriña.

Exit mobile version