Site icon Crónica3.com A Mariña

Propostas contra a crise da Asociación Atalaia de Ribadeo

RIBADEO .- A asociación de veciños Atalaia de Ribadeo solicitou o pasado mes de febreiro ao concello de Ribadeo a presentación de proxectos para a creación de Escolas Taller-Casas de Oficio e Talleres de Emprego nas seguintes especialidades: Pastelaría-Panadaría, Electricidade-Novas Tecnoloxías, Guías Turísticos, Cantaría, Albanelaría-Rehabilitación,Operarios de Servizos Ambientais. O prazo para a presentación de proxectos termina o próximo 15 de xuño.
Consideran que a formación é esencial para poder traballar e por iso reiteramos a solicitude, motivando, aínda máis as nosas propostas que non abarcan só o sector da Construción e que como en ELECTRICIDADE-NOVAS TECNOLOXIAS.
Consideramos completamente necesario o fomento e instalación de enerxías renovables vinculadas ao sol Deste xeito contribúese en primeiro lugar a formar a mozos nun sector con percorrido e demanda no mercado e en segundo termo, favorécese que as instalacións municipais se poñan ao servizo deste proxecto para aforrar enerxía e apostar pola diminución do efecto invernadoiro

Exit mobile version