Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños de Burela baixaron o consumo de auga 21 litros por habitante e día durante 2008

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, entregaron hoxe o premio do segundo programa de acción “Ti podes dar vida, aforra auga”. A edil socialista amosóuse satisfeita e felicitou “aos veciños de Burela pola súa participación e á familia gañadora que foi a que máis reduciu o seu consumo de auga”.
Lucía Bouza destacou que “no 2008 en Burela acadamos un dato positivo que foi que chegamos a reducir nun 14 por cen o consumo de auga de uso doméstico por habitante e día. Esto significa que ano pasado cada habitante de Burela consumiu 127 litros de auga ao día, mentras que no 2007 consumían 148 litros. É unha reducción moi importante e gustaríanos que seguise así a xente de concienciada e que consumise a auga de xeito racional ao igual que o fixo a familia gañadora”. A concelleira de Medio Ambiente explicou que “a familia de Mª José Ramil Díaz conseguiu ao longo do ano 2008 reducir o seu consumo de auga nun 32’22 por cen, é un dato moi importante que significa que cada persoa desta familia consume 83 litros de auga ao día, fronte aos 127 de media que consumen o resto dos cidadáns de Burela. Penso que este dato tamén nos debe levar á reflexión posto que si esta familia con 83 litros diarios por persoa consigue satisfacer as súas necesidades en canto ao consumo de auga, eso significa que os demáis tamén poderíamos facelo utilizando menos auga ou reducindo o seu consumo”.
En total no 2008 os veciños de Burela reduciron o consumo de auga de uso doméstico en 70.488 metros cúbicos. A reducción acadada equivale ao consumo realizado nos fogares bureleses durante dous meses do ano 2008.
Lucía Bouza tamén suliñou que “co resultado deste programa quedamos moi satisfeitos porque a participación foi oito veces superior á do ano 2007 polo que podemos ver que a xente cada vez está máis implicada e máis preocupada en consumir a auga dun xeito sostible e responsable. O 90 por cen destas familias que participaron no programa conseguiron reducir en máis dun 15 por cen do consumo”.
A concelleira socialista agradeceu “a participación de Viajes Terramar posto que é a entidade que se fai cargo do premio, e porque se implican sempre nesta iniciativa tan importante para o coidar o noso medio ambiente”. A familia de Mª José Ramil Díaz foi galardoada cunha viaxe aos Picos de Europa.

Exit mobile version