Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Río e Bruno Pedre consideran que “o alcalde non ten peso no seu partido”

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O PP asegura que o bigoberno burelés non tén proxecto para Burela.
Os portavoces populares, Raquel Río e Bruno Pedre, consideran que o alcalde non tén peso no seu partido.
O PP celebra mañán, mércores, unha asamblea de afiliados e simpatizantes.

O PP de Burela manifestou hoxe mediante unha nota de prensa dos portavoces do comité local, Raquel Río e Bruno Pedre, que a ausencia de proxecto do bigoberno burelés para Burela é evidente, e polo tanto negativa para os intereses dos veciños do noso concello. Ademais, segundo os portavoces populares, o alcalde non tén peso específico dentro do seu partido, porque todos, absolutamente todos, os proxectos que se fan en Burela, e mesmo a nave de redes, teñen a súa base en xestións e en traballo do Partido Popular. Sen ir mais lonxe, o acceso ó porto, que xa vemos como está, tiña proxecto e cartos nos presupostos da Xunta do PP de 2005.
Río e Pedre puñeron dous exemplos: o primeiro, que Touriño só visitou oficialmente Burela pólo temporal, o que demostra que a Xunta bipartita non contaba con Burela, e que o alcalde non tivo capacidade de movilizar os responsables autonómicos do seu propio partido; por aqui, por exemplo, non pasou o conselleiro de Medio Ambiente, presunto novo líder dos socialistas galegos, e eso que Burela tiña peso a nivel medioambiental. A conselleira de Educación nin se dignou a visitarnos.
O segundo exemplo, segundo Río e Pedre, é que o único proxecto de certa envergadura que tén o alcalde é a canalización das augas pluviais. Pero sobre este proxecto xá falou hai un ano; entrégao agora na Xunta, logo de pasadas as eleccións; custa cen millóns de pesetas, serve para levantar as ruas de medio Burela, como se estiveran pouco levantadas,  e non soluciona os problemas reais dos veciños e veciñas de Burela.
Finalmente, os dous portavoces populares lembran que mañán, mércores, celebrarase unha asamblea de afiliados e simpatizantes, ás oito da tarde, na antiga biblioteca, coa participación do secretario xeral provincial José Manuel Balseiro.

Exit mobile version