Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de creación literaria do escritor Santiago Jaureguízar no IES Perdouro de Burela

BURELA .- O escritor Santiago Jaureguzar participou no obradoiro Eu conto que se desenrolou no instituto Perdouro, de Burela, co fin de achegar o alumnado ao mundo da escrita creativa. No obradoiro “o autor ten como obxectivo que os alumnos entendan que calquera pode ser escritor e que se pode facer un conto partindo de anécdotas cotiás”.

NOTA DE PRENSA

NOTA DE PRENSA

Obradoiro de creación literaria do escritor Santiago Jaureguízar no IES Perdouro de Burela

A Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, en colaboración co Instituto de Educación Secundaria Perdouro do concello de Burela, achegan o alumnado ao mundo da escrita creativa da man do escritor lugués Santiago Jaureguízar.

No obradoiro, que ten como título “Eu Conto”, o autor ten como obxectivo que os alumnos entendan que calquera pode ser escritor e que se pode facer un conto partindo de anécdotas cotiás. Para iso daralles a coñecer unhas técnicas básicas para desenvolver historias cun enfoque práctico, guiado polas nocións teóricas imprescindibles. Utilízanse tanto textos como cancións, cadros ou alimentos. Os alumnos/as son de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Con este tipo de obradoiros preténdese un novo enfoque na educación literaria, que debe animar os adolescentes non só a leren textos literarios e reflexionaren sobre eles, senón tamén a escribilos mediante a manipulación de formas lingüísticas e mediante a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que se pode chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

Enténdese así a literatura como ferramenta comunicativa para dar sentido á experiencia persoal e colectiva, para entender o pasado, o presente e o futuro, e para explorar os límites e as posibilidades expresivas da linguaxe. A nosa historia, a nosa lingua, a nosa literatura forman parte da cultura do pobo galego, da nosa identidade, de aí a necesidade de divulgala, de dala a coñecer.

Exit mobile version